Saltar ao contido

Club Hockey Barrocás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Hockey Barrocás
Tipoclub deportivo
Deportehóckey sobre herba
Data de fundación1990
SedeOurense
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Club Hockey Barrocás é un club de hóckey herba da cidade de Ourense. O seu equipo sénior masculino compite na segunda categoría do hóckey herba español, a División de Honra B. Viste camiseta laranxa e pantalón negro.

O Club Hockey Barrocás fundouse en 1990 no barrio de Barrocás, sendo a prioridade do club dende os seus inicios a formación de rapaces na práctica do hóckey herba, sendo o barrio ourensán un importante viveiro de xogadores para o club e están presentes en tódalas categorías. Na tempada 1994-95 produciuse un acontecemento histórico ao federar un equipo na Liga Galega, que se proclamou campión galego logrando o ascenso á Primeira División Nacional (terceira categoría no estado español). O Barrocás culminou na tempada 2005-06 o proxecto iniciado nos anos anteriores, materializándose no ascenso á División de Honra, a máxima categoría española do hóckey herba.

Actualmente o C.H. Barrocás abrangue tódalas zonas da cidade de Ourense e conta con seis escolas deportivas que forman aos rapaces na práctica do hóckey herba.

Logros deportivos

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, o Barrocás conseguiu numerosos éxitos deportivos, tanto en categoría sénior, onde conseguiu ademais dos ascensos á División de Honra B (2002-03) e á División de Honra (2005-06), dous campionatos galegos de hóckey sala e varias Copas Galiza, como en categorías inferiores, nos que gañou varios campionatos galegos, tanto en herba como en sala, participación en sectores nacionais e Campionatos de España e a Medalla de bronce no Campionato Xuvenil

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]